Plataforma Galega contra o Narcotráfico

Plataforma Galega contra o Narcotráfico

Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.