Playboy
Playboy
Revista mensual para adultos de contido erótico editada en 1953 en Chicago. Dirixida ao público masculino, foi creada por Hugh Heffner. Símbolo da revolución sexual da década de 1960, o seu contido baséase na calidade das súas fotografías, realizadas por prestixiosos fotógrafos, mulleres famosas e modelos especialmente elixidas (playmate).