pleremática
pleremática
(< plerema)
s
f
[LING]
Parte da glosemática que estuda as unidades de contido da lingua ou pleremas. Segundo L. Hjelmslev, a forma do contido é característica de cada lingua: “Cada lingua establece os seus propios límites (= forma do contido) dentro da “masa do pensamento” (= substancia do contido) amorfa”.