pleuronectiforme
pleuronectiforme
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos pleuronectiformes.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos pleuronectiformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Orde de peixes osteíctios, de corpo moi aplanado, oval e asimétrico, cunha das caras sen pigmentos e coas aletas dorsal e caudal moi desenvolvidas. A maioría dos órganos tamén son asimétricos, cos ollos na banda pigmentada e moi próximos entre si, e coa parte dianteira do cranio deformada. Non teñen vexiga natatoria, polo que nadan mediante ondulacións do corpo e das aletas. Habitan nos fondos areosos, onde descansan sobre a banda despigmentada do corpo. Son carnívoros e xeralmente mariños. Comprende 600 especies, das que as máis importantes son as dos pleuronéctidos, as dos soleidos e as dos bótidos.