plica
plica
(< lat plica, de plicāre‘dobrar’)
-
s
f
[DER]
Sobre ou prego pechado e selado, que contén documentación que non pode ser lida nin publicada ata unha data determinada. Se contén un testamento ten que constar o lugar, a data, a filiación do testador, a presenza do notario e a manifestación do testador sobre o contido, coa sinatura do testador, das testemuñas e do notario.
-
s
f
[PAT]
Aglutinación dos cabelos debida á sucidade, que forman un feltro onde se localizan parasitos, po e graxa.
-
[MÚS]
Figura da notación pneumática, conservada na proporcional da Idade Media, que indica a lonxitude e a ascendencia ou descendencia.