pliopitécido -da

pliopitécido -da

(< lat científico Pliopithecus, xénero desimios)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pliopitécidos.

  2. s m [PALEONT]

    Simio da familia dos pliopitécidos.

  3. s m pl [PALEONT]

    Familia de mamíferos, da orde dos primates, que presentaban un fociño non moi proxectado, caninos longos e molares con tubérculos redondeados, indicados para a súa dieta a base de follas. A caixa cranial era de pequeno tamaño e algunhas especies posuían cola. Viviron en África e Europa, apareceron hai 35 millóns de anos, no Oligoceno, e extinguíronse no Mioceno hai 10 millóns de anos.

Palabras veciñas

pliocénico -ca | Plioceno | plioceno -na | pliopitécido -da | pliopolio | pliotrón | pliotropía