Plistoceno
Plistoceno
s
m
[ESTRATIG]
Primeira serie ou época do Cuaternario, posterior ao Plioceno e anterior ao Holoceno. Caracterízase, principalmente, pola aparición do home -que constitúe un feito evolutivo-, e pola existencia de diversas glaciacións, pois desde finais do Mioceno foise rexistrando un arrefriamento progresivo do clima mundial e unha serie de glaciacións. Así, propúxose un límite arbitrario: a invasión dunha flora e dunha fauna frías na base do Calabriano, e a base do acontecemento de Olduvai da escala paleomagnética, situada a -1,8 millóns de anos. Tamén se propuxo a creación dun Plio-Plistoceno, que eludise os problemas de definir un límite entre o Plioceno e o Plistoceno.