Plymouth

Plymouth

Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado na costa sur da península de Cornualla (240.720 h [2001]). É un nó de comunicacións marítimas, terrestres e aéreas, e un importante centro industrial. Cidade desde 1311, no s XVI foi o porto de refuxio de Francis Drake e en 1620 partiu del o buque Mayflower cara ao N de América. Conserva moitos edificios dos ss XVI e XVII.