pneumonía
pneumonía
(
s
f
[PAT]
Inflamación e infección dos pulmóns, xeralmente aguda, con infiltración exsudativa e celular dos alvéolos (nas pneumonías bacterianas clásicas) e do intersticio e os bronquíolos (nas broncopneumonías). Segundo a extensión topográfica do proceso poden ser lobares, segmentarias e intersticiais, e de acordo coa súa etioloxía clasifícanse en bacterianas (sendo a máis común a causada polo pneumococo Streptococcus pneumoniae) e non bacterianas, que poden ser causadas por virus, Rickettsias e fungos. Pode ser leve, severa e incluso mortal, e os síntomas máis comúns son a tose, con esputos amarelos, febre, calafríos, dor torácica aguda e respiración dificultosa, entre outros.