pobre
(< lat paupere)
-
adx
Que ten algo de xeito escaso.
Ex: Son terras moi pobres. Era un libro pobre en recursos. É un mineral pobre en ferro.
-
adx
Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.
Ex: Pobre animaliño! É un pobre home!
-
[RELIX]
-
s
Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.
-
pobre católico
Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.
-
s
-
arte pobre
[ARTE]
Utilización estética dunha certa clase de obxectos extraídos do uso da vida cotiá, cunha finalidade dominantemente estética.
-
pobre de espírito
-
[RELIX]
Persoa consciente da propia insuficiencia que espera todo de Deus. A súa felicidade non lle vén do feito de ser pobre, senón do feito de que deixará de selo coa chegada do Reino de Deus.
-
Persoa que é demasiado inxenua ou pusilánime.
-
[RELIX]
-
pobre de Iavé
[RELIX]
Aplícase a toda persoa desafortunada, enferma ou indefensa, segundo a Biblia, como o inmigrante, o orfo, a viúva ou o oprimido. Nas benaventuranzas son os privilexiados do Reino de Deus.
-
Natural ou habitante dos lugares que teñen na súa denominación o termo A Pobra.
Frases feitas
-
Pobre de (ti, el...)! Expresa ameaza. Ex: Pobre del como non coma o caldo!
-
Meu pobre/pobriño. Expresión coa que se manifesta pena por alguén, ás veces con intención despectiva. Ex: Meu pobre pensa que é o máis listo do mundo!
Refráns
- A pobreza non é baixeza, pero tampouco é grandeza.
- A pobreza non é vileza, senón falta de riqueza.
- A pobreza non lixa.
- Canto máis pobre, menos esmola.
- Na casa do pobre, cunca de pau e pucheiro de cobre.
- Nai vella e camisa rota non é deshonra.
- Non hai para pan e mercamos rosquillas.
- Non temos para pan e mantemos un can.
- Ó pobre ata os cans lle ladran.
- Ó pobre dálle a metade do que che sobre.
- Ó pobre e á nogueira todos lle tiran pedras.
- Ó pobre e ao minguado non falta quen o faga máis necesitado.
- Ó pobre farto de carne non hai quen o ature.
- O pobre non vai ao concello nin se toma o seu consello.
- O pobre que con carne se entupe non hai quen o ature.
- Ó que é pobre ninguén lle fai caso.
- O ser pobre non deshonra.
- Onde non hai pan vaise ata o can.
- Quen di que pobreza é vileza, non sabe o que di nin ten siso na cabeza, inda que teña moita riqueza.
- Ser pobre non deshonra a ningún home.
- Ser pobre non é deshonra.
- Todos foxen do pobre coma dunha enfermidade.
- Tras do pobre todo o mundo corre.
- Vivimos como podemos e non como queremos.