poción
poción
(< lat potĭōne, depotāre ‘beber’)
-
s
f
[MED]
Fórmula farmacéutica de administración oral, líquida, edulcorada e cunha concentración tal de principios activos que ten que ser administrada a culleradas. Non hai que confundir as pocións, doces e transparentes, coas mesturas, opacas e case nunca doces; tampouco son pocións as tisanas, que se toman en doses de máis de 100 cm 3 .
-
s
f
Bebida con poderes máxicos.