podostemonáceo -a

podostemonáceo -a

(< lat científico Podostemon)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás podostemonáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das podostemonáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das podostemonais, integrada por plantas herbáceas acuáticas que viven adheridas ás pedras en cursos rápidos de auga. Son plantas tropicais, moi modificadas, con aspecto de criptógamas.

Palabras veciñas

podomorfo -fa | podón | Podophyllum | podostemonáceo -a | podostemonal | podre | podrecer