Poiana
Poiana
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos vivérridos, co corpo alongado, as patas curtas e a cola do mesmo tamaño ca o corpo, co pelame amarelo, con puntos negros e aneis na cola. Aliméntanse de insectos e aves. A especie máis coñecida é Poiana richardsoni, que recibe o nome de linsang africano.