polaina
polaina
(< fr poulaine)
s
f
[INDUM]
Especie de botín ou media que cobre a perna desde o nocello ata máis arriba do xeonllo. No traxe tradicional masculino é unha especie de media de pano ou coiro que cobre a perna desde debaixo do xeonllo ata o pé, e adoita ir abotoada pola banda de fóra. Nas zonas de montaña, dentro do traxe de diario, eran de coiro para preservar as canelas dos toxos do monte; no de gala eran de pano, tiñan os botóns prateados e podían levar adornos de veludo ou un pompón na punta do pé. Como complemento da coroza podíanse levar unhas polainas feitas tamén de palla trenzada que se ataban detrás da perna.