Polaroid
Polaroid
[LIT]
Novela publicada en 1986 por Suso de Toro. Próxima ás tendencias renovadoras da narrativa da década de 1980, o autor procurou un cambio en canto a aspectos técnicos e temáticos na narrativa galega, como a introdución de personaxes marxinais, a pluralidade de puntos de vista, a intertextualidade ou o tratamento do sexo, a pornografía, a loucura ou o absurdo. A medio camiño entre a novela e un conxunto de relatos, constitúe unha amalgama de vivencias de persoas que se identifican cun colectivo, principalmente marxinal. Foi galardoada co Premio da Crítica Galicia (1987).