polea
(< fr poulie)
-
[TECNOL]
-
s
f
Roda provista dun ollo no seu centro xeométrico que lle permite virar arredor dun eixe. Ten a superficie natural acanalada para que pase un cable ou unha corda que serve para cambiar a dirección ou o sentido dunha forza, que eventualmente se multiplica no efecto cando forma parte dun sistema, como por exemplo nun polispasto. A polea fixa, queda inmóbil respecto do movemento de translación do conxunto; a polea móbil adquire un movemento de translación simultáneo ao de rotación.
Sinónimos: roldana. -
s
f
Roda de superficie lateral en forma de canle, soldada a unha barra, cuxo eixe é o xeométrico da barra, que permite transmitir un movemento a outra barra ou de recibilo mediante correas, eventualmente variando a velocidade como nalgúns axustes móbiles flexibles.
-
polea móbil
Polea que dispón de dúas rodas, unha fixa e outra móbil.
-
s
f
-
s
f
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘sopa’.