Policleto

Policleto

o Novo (Argos s V a C - s IV a C) Escultor grego. Discípulo de Naucidas (colaborador de Policleto o Vello), traballou nas cidades de Argos, Megalópolis, Olimpia e Tebas desde o 390 ao 340 a C. Atribuíronselle estatuas de atletas como o Antípater de Mileto, diversas obras de divindades como Filipos en Megalópolis ou Apolo no monte Helicón, e unha Hécate de bronce en Argos.