polieno

polieno

(< poli- + -eno)

s m [QUÍM]

Molécula dotada dunha estrutura de dous ou máis dobres enlaces. Adoita aplicarse este nome, con sentido restritivo, ás moléculas en que os dobres enlaces están conxugados.