polifásico -ca

polifásico -ca

(< poli- + fásico)

  1. adx

    Que ten dúas ou máis fases.

  2. sistema polifásico [ENX]

    Sistema de n magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia e desfasadas unhas respecto das outras. Son particularmente importantes os sistemas equilibrados ou simétricos. Como o sistema bifásico caeu en desuso, só se emprega o trifásico. Nalgúns casos, como en rectificación, utilízase o sistema hexafásico ou o dodecafásico.

Palabras veciñas

polietileno | polifacético -ca | polífago -ga | polifásico -ca | polifaxia | Polifemo | Polifemo