polifonía
(
-
s
f
[MÚS]
Música que combina diversas voces ou partes vocais simultáneas pero independentes. Na súa forma escrita, as primeiras prácticas musicais polifónicas datan do s IX (o organum ou diafonía); despois apareceron o descanto (baseado no movemento contrario das voces), o motete (combinación de melodías con textos independentes) e o condutus. A ars antiqua e a ars nova cultivaron a polifonía en formas diversas. O termo pasou a designar o conxunto de partes musicais diferentes, escritas preferentemente en contrapunto, e case exclusivamente se se trata de partes vocais.
-
s
f
[LING]
Calidade dunha letra ou grafema que, na ortografía normal dunha lingua, pode realizarse fonicamente de diversas maneiras. En galego, por exemplo, <c> (cuña [‘kua]/cea [‘θea]) e <x> (xa [ʃa]/nexo [‘nεksªo]).