polifosfórico, ácido

polifosfórico, ácido
[QUÍM]

Nome que reciben as mesturas complexas de ácidos fosfóricos de fórmula xeral Hn+2PnO3n+1, nunha composición en que interveñen desde o ácido pirofosfórico (n = 2) ata o metafosfórico (valores de n grandes). Ten un carácter extremadamente ácido e a temperatura ambiente é un líquido moi viscoso ou un vidro, dependendo do valor medio de n. Emprégase como deshidratante e como axente catalítico e secuestrante.

Palabras veciñas

polifonista | poliformaldehido | polifosfato | polifosfórico, ácido | polígala | poligaláceo -a | poligalactia