polinización

polinización

(< polinizar)

s f [BOT]

Transferencia do pole desde os estames ata os pistilos. Se o pole provén da mesma flor, hai autopolinización, e se procede doutras flores, hai polinización cruzada, que ofrece máis posibilidades de recombinación xénica. Hai diversos axentes polinizadores como o vento, a auga e algúns animais.

Palabras veciñas

polínico -ca | polinífero -ra | polinio | polinización | polinizador -ra | polinizar | polinómico -ca