poliomielite

poliomielite

(< polio- + mielite)

s f [PAT]

Doenza infecciosa aguda endémica, orixinada por un grupo de enterovirus con propiedades neurótropas, os virus da poliomelite, dos que hai tres tipos antixenicamente ben definidos: tipo I (Brunhilde), tipo II (Lansing) e tipo III (Leon). A fase paralítica da doenza iníciase con dor nos músculos innervados polas motoneuronas afectadas, seguida de parálise fláccida, con hipotonía, arreflexia e, posteriormente, atrofia. OBS: Tamén se denomina polio ou parálise infantil.

Palabras veciñas

poliol | poliolefina | polioma | poliomielite | poliomielítico -ca | poliopía | poliopsia