polisemia
polisemia
(
s
f
[LING]
Propiedade dun signo lingüístico de ter máis dun significado, por exemplo, ollo, coroa, banco, cabeza. Por unha banda, oponse a monosemia; pola outra, a homonimia. A distinción xorde no transcurso histórico das palabras: unha palabra polisémica foi adquirindo varios significados máis ou menos analoxicamente; dúas palabras homónimas proveñen de etimoloxías distintas, pero chegaron a coincidir formalmente por evolución fonética (ameixa ‘molusco’/ ameixa ‘froita’).