Pollaiolo Pollaiuolo
Pollaiolo Pollaiuolo
Nome con que se coñecen Antonio Benci (Florencia 1432?-Roma 1498) e Piero Benci (Florencia 1443-Roma 1496), pintores, escultores e gravadores italianos. Formados no taller de Lorenzo Ghiberti, colaboraron xuntos a partir de 1460. Antonio recibiu a influencia de Andrea del Castagno e de Donatello e, nun estilo caracterizado polo dinamismo e o dramatismo de personaxes, pintou Apollo e Dafne (1470?) e esculpiu os sepulcros de Sisto IV e de Inocencio VIII (1493) en San Pedro do Vaticano. Piero, que sobresaíu como retratista, é autor dunha Coronazione di Maria (1485).