Pólux

Pólux
[MIT]

Heroe grego, fillo de Zeus e de Leda, e irmán xemelgo de Cástor, con quen formaba o grupo dos Dióscuros (Äéόóêïõñïé ‘fillos de Zeus’). Grande atleta e loitador, participou nos xogos olímpicos xunto a Cástor e conseguiron moitos triunfos para Esparta. Ambos os dous enfrontáronse aos seus curmáns, os xemelgos Idas e Linceo, e da confrontación só sobreviviu Pólux, salvado por Zeus. Abatido pola morte de seu irmán, Zeus permitiu que viviran ambos alternativamente no Olimpo e na Terra.

Palabras veciñas

poltrona | polución | poluto -ta | Pólux | Pólux | Polveira | pólvora