Polygonum

Polygonum
[PLANTA]

Xénero de plantas, herbáceas ou coa base leñosa, con cinco pétalos de cor branca ou rosada e froito disposto en aquenio con forma lenticular. A especie P. fagopyrum emprégase como cultivo xa que ten sementes das que se obteñen fariñas panificables. En Galicia danse as especies P. maritimum en praias e P. aviculare, P. hydropiper e P. persicaria en camiños e beiras de regatos.

Palabras veciñas

Polydoor, Karel Maria | Polygala | Polygonatum | Polygonum | Polyides | Polypodium | Polypogon