Pont-Aven, escola de
Pont-Aven, escola de
Grupo de artistas formado na vila bretoa do mesmo nome e na estación balnearia próxima de Le Pouldu no derradeiro cuarto do s XIX. Os seus traballos plásticos foron concretados no sintetismo. Estivo integrado por Paul Gaugin, Émile Bernard, Émile Schuffenecker, Louis Anquetin, Charles Laval, Cuno Amiet, Henri Moret e Paul Sérusier, que levou a influencia de Pont-Aven ao novo grupo dos nabís.