Pontificia Accademia dei Virtuosi al Pantheon
Pontificia Accademia dei Virtuosi al Pantheon
Institución de Roma fundada polo monxe cisterciense Desiderio d’Auditorio (1543) xunto cun grupo de artistas. Os seus membros foron designados co nome de virtuosos por cultivar as belas artes por decoro e pola gloria da fe. Organizaban unha exposición anual de pintura, cunha atención especial á arte sacra. O seu estatuto data de 1947 e consta de 60 membros residentes e 60 correspondentes, entre os que se admite a mulleres, ao contrario do resto das academias pontificias.