Ponto

Ponto

Antiga rexión da Turquía asiática do NL, que orixinariamente correspondía á parte de Capadocia que limitaba co Pontus Euxinus (Mar Negro) e se estendía ata o Cáucaso. É a posible patria dos indoeuropeos, que habitaron alí e a fixeron centro de emigracións entre o 2500 e 2000 a C. Chegou a ser reino autónomo durante as loitas dos diádocos (220 a C) grazas á política de Mitridates. Alcanzou o seu máximo esplendor baixo Mitridates IV Filopátor (132?- 63 a C) pero extinguiuse rapidamente pola ocupación romana de Cneo Pompeio (63 a C) e a anexión definitiva ao Imperio Romano (64 d C).

Palabras veciñas

pontillón | Pontillón, O | Pontinus | Ponto | Ponto, serra de | pontón | Pontón