populismo
(
-
s
m
Corrente ideolóxica ou política que pretende defender os intereses do pobo.
-
s
m
[HIST/LIT]
Primeiro gran movemento político e ideolóxico ruso que se enfrontou co tsarismo. Apareceu no derradeiro cuarto do s XIX, froito da reflexión crítica dalgúns intelectuais, como Aleksandr I. Herzen e Mikhail A. Bakunin, sobre a Rusia feudal e a Europa burguesa. O populismo consideraba que Rusia podía chegar a ser directamente socialista sen ter que pasar pola experiencia capitalista, como en Occidente, xa que os campesiños rusos tiñan un espírito comunitario innato. En 1876 naceu a primeira organización importante do populismo: Zeml’a i Vol’a (Terra e Liberdade), que preconizou a destrución revolucionaria do estado tsarista e a creación dunha federación de comunas libres. En 1879 escindiuse en dúas: a maioritaria Narodnaja Vol’a (A vontade do pobo), terrorista e revolucionaria, e Č’ornyj Peredel (A repartición negra), que continuou a táctica e o programa de Zeml’a i Vol’a. Da primeira xurdiu o Partido Socialrevolucionario Ruso, mentres que a segunda foi o núcleo do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso.