porcelana

porcelana

(< ital porcellana)

  1. s f [ARTE]
    1. Arxila moi fina composta de feldespato e caolín que se diferenza da normal pola súa transparencia. Hai diversos tipos que normalmente se cocen entre 1.200 e 1.600°C. Descubriuse en China durante a dinastía Han (180 a C-80 d C), e foron momentos destacados da súa fabricación as dinastías Sui (581-617), Tang (618-906), Sung (960-1290), Ming (1368-1643) e o período K’ang-hi (1622-1722). Coñeceuse en Europa a raíz das Cruzadas, as viaxes de Marco Polo e o comercio con Oriente. O alquimista Boettcher, ao servizo de Guillerme I de Prusia, descubriu o caolín branco de Saxonia (1708), produciu porcelana e estableceu a primeira fábrica en Dresden, á que seguiron as de Berlín e Meissen. Fóra de Prusia creáronse as manufacturas de Delft, de Limoges, de Sèvres, de Capodimonte e do Buen Retiro.

    2. Obxecto feito con este material.

  2. s f [MED]

    Mestura fundida composta de caolín, cuarzo, feldespato e outros materiais, que se emprega na fabricación de dentes artificiais.

  3. s f [ANIMAL]

    Molusco mariño gasterópodo prosobranquio da familia dos cipreidos, coa cuncha oviforme, coas voltas invisibles, a abertura moi estreita e falta de opérculo. Habita nos mares tropicais.