porfía

porfía

(< lat perfidĭa ‘malafe’)

  1. s f

    Acción e efecto de porfiar.

  2. s f

    Obstinación que se pon en conseguir algo.

    Sinónimos: zuna.

Refráns

  • Con porfías non andes tódolos días.
  • De tanto porfiar, un día ou outro ha cadrar.
  • Díxome miña nai que porfiase, mais non que aventurase.
  • Home porfiado ten o que quere por roncha e pesado.
  • Non queiras ser porfiador nin discutir sen razón.
  • Nunca sexas porfiador, inda que teñas razón. •
  • O moito porfiar chega a rallar.
  • Os porfiados fan ricos aos avogados.
  • Pobre porfiado, codecha saca.
  • Porfiar pero en xamais apostar.
  • Quen porfía mata caza.
  • ¿O moito porfiar quén se pode negar?

Palabras veciñas

PORE | porén | porencefalia | porfía | Porfía, penedo da | porfiado -da | porfiar