portador -ra

portador -ra

(< lat portatōre)

  1. adx e s

    Que ou quen porta ou trae algo.

  2. s [PAT]

    Persoa ou organismo que alberga un axente patóxeno en ausencia de enfermidade clínica, e que pode actuar de fonte de infección nun momento dado.

  3. s [DER/ECON]

    Posuidor dun efecto público ou comercial que ao presentalo ten dereito ao seu cobro ou negociación como titular lexítimo. OBS: A expresión ao/ó portador contraponse a nominativo.

  4. s m [FÍS]

    Electrón que, nun semicondutor, ocupa un determinado estado electrónico que lle permite participar nos mecanismos de transporte. Se ocupa un estado da banda de condución, fálase de electrón de condución, mentres que se o ocupa na banda de valencia, fálase de burato. Se hai una banda de impurezas, o electrón pode comportarse como un portador desta banda.

  5. adx e s f [TECNOL/COMUN]

    Aplícase á onda destinada a soportar a información que se ten que transmitir por un sistema de telecomunicacións. É unha onda radioeléctrica non modulada, de frecuencia e amplitude constantes e fixas, característica dunha emisora, e pode ser modulada en amplitude, en fase, en frecuencia ou por impulsos.

Palabras veciñas

portacruz | portada | portádego | portador -ra | portaembude | portaenxertos | Portaespadas, orde dos