Portela

Portela
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe portuguesa que se estableceu en Galicia. O seu escudo presenta, en campo de prata, catro faixas, de azul. Outro trae, en campo de prata, cinco estrelas, de goles, de seis raios, postas en cruz. Outro, en campo de goles, unha torre de ouro, cunha homenaxe.