Porteo

Porteo
[PUBLIC]

Revista publicada na Coruña a partir de abril de 1976. Subtitulada “Revista de Filatelia”, estivo dirixida por Juan Ramón Díaz-Jácome. Editada pola Sociedade Filatélica da Coruña, funcionou como voceira da Federación Galega de Sociedades Filatélicas. Aínda que nun primeiro momento saíu cada dous meses, en 1977 comezou a ser trimestral. Incluíu estudos postais e filatélicos que a situaron entre as máis destacadas publicacións deste xénero en España. A partir de 1982 orientouse cara a temas máis divulgativos. Cesou en marzo de 1986 e volveu editarse a partir de 1991 como boletín.