Pórtico SA
Pórtico SA
Empresa de decoración e interiorismo creada en Vigo en 1965. A partir de 1993 impulsou a súa expansión coa creación de diferentes tendas como Pórtico Interiorismo, que ofrece un servizo integral de decoración; Pórtico Básico (1995), como tenda de regalos; La Nave de Pórtico (1998), para moblaría; e Milenio Cosas de Casa (1998) como tenda de regalos en poboacións de menos de 50.000 h. En 1994 abriu unha liña de importación e distribución e comezou a súa expansión internacional por Arxentina, Chile, Costa Rica, Honduras, Portugal, República Dominicana, El Salvador e Uruguay.