Portocarrero

Portocarrero

Familia nobre castelá orixinaria de Portugal que se estendeu por toda a Península Ibérica. Fundada no s VIII, conseguiu a posesión de Porto Carrero en Portugal. Juan Rodríguez Portocarrero recibiu a señoría das terzas do partido de Toro en 1396, despois de perder os seus dominios portugueses tras a derrota na Batalla de Aljubarrota. Os seus descendentes foron marqueses de Castrillo e entroncaron coas casas de Moguer, Villanueva del Fresno, Medellín, Montijo e Monclova.