Portomourisco, ponte de
Portomourisco, ponte de
Construción situada sobre o río Xares en Portomourisco (Petín). Datada no s XVIII e realizada en cantaría, consta dun arco de medio punto de perfil alombado. A calzada é de lousas e coios. Sitúase no antigo camiño de Freixido a Viana.