portorriqueño -ña

portorriqueño -ña

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Puerto Rico ou aos seus habitantes

  2. s

    Natural ou habitante de Puerto Rico.

  3. literatura portorriqueña [LIT]

    Literatura en castelán que se desenvolve en Puerto Rico. Iniciouse cando o movemento romántico se xeneralizou en toda América Latina. Nun principio, Manuel A. Alonso recolleu na súa obra poesía e prosa de cariz popular, mentres que Alejandro Tapia y Rivera refacía a historia en forma de poesía, novela e drama. En toda a segunda metade do s XIX o ensaio tivo moita importancia, especialmente con Eugenio María de Hostos. No cambio de século algúns escritores como M. Zeno Gandía cultivaron unha excelente prosa naturalista crioula, mentres que Evaristo Ribera Chevremont foi o introdutor das novas tendencias do s XX, en especial do ultraísmo. A comezos de século, o poeta máis destacado foi Luis Palés Matos, ademais de F. Matos Paoli, F. Lluch Mora, V. López Suria e J. Emilio Gonzalez. En prosa dominou a temática da terra e a problemática social con E. A. Laguerre. A afirmación contraria ao dominio dos EE UU e a loita pola personalidade histórica da illa e dos seus valores esenciais constitúen algúns dos temas preferidos pola narrativa portorriqueña, onde destacaron R. Márquez, A. Díaz Alfaro, P. Juan Soto, C. Andrade Iglesias e E. Díaz Valcárcel. Despois do éxito e a proxección conseguida pola novela La guaracha del Macho Camacho (1976), de Luis Rafael Sánchez, e a continuidade de novelistas como Enrique A. Laguerre, a nova narrativa portorriqueña contou, entre outros, coas achegas de Iván Silén e os narradores Olga Nolla e Lourdes Vázquez, aínda que é nos xéneros poéticos onde as últimas xeracións de literatos portorriqueños se senten máis cómodos e seguros; nel destacan O. Nolla, M. Arrillaga, E. Reyes, A. M. Dávila, M. Quiñones, J. Luis Vega, M. Ramos Otero e V. Droz. Cómpre sinalar tamén os estudos de M. Arrilaga, A. María Sotomayor e R. González.

Palabras veciñas

portoprincipeño -ña | Portor | Portor, Santa María de | portorriqueño -ña | Portosín | Portosín | Portosín