posición
(< lat positĭōne)
-
-
s
f
Modo de estar colocada unha persoa ou cousa.
Ex: Nesa posicion vaste cansar.
Sinónimos: postura. -
s
f
[MED]
Variedade de presentación fetal.
-
posición anatómica
[MED]
Posición erecta do corpo coas palmas das mans xiradas para adiante.
-
posición de litotomía
[MED]
Posición prostrada coas pernas flexionadas por riba das coxas, as coxas en abdución e flexionadas por riba da pelve.
-
posición de Sims
[MED]
Posición tendida para un lado, coas pernas medio flexionadas.
-
posición de Trendelenburg
[MED]
Posición supina coa pelve máis alta ca a cabeza, as coxas máis altas ca a pelve e as pernas pendurando por fóra da mesa.
-
posición xenupectoral
[MED]
Posición utilizada para certas exploracións, na que o tronco descansa sobre o peito e os xeonllos.
-
s
f
-
s
f
-
Lugar que ocupa unha cousa.
Ex: Quedou en terceira posición.
-
[MAR/AERON]
situación.
-
-
s
f
Maneira de pensar unha persoa.
Ex: Ten unha posición favorable con respecto ao proxecto.
Sinónimos: actitude, postura. -
s
f
Conxunto de condicións referentes á categoría social ou económica.
Ex: Son de posición social alta.
-
s
f
[BÉL]
Punto do terreo preparado para instalar metralladoras, morteiros e en xeral armas pesadas. Normalmente están protexidas do tiro e da vista do inimigo, ás veces mediante obras miméticas.
-
s
f
[DER]
-
Cada unha das asercións breves de feitos pertencentes a unha causa, que unha das partes formula demandando a resposta do contrario.
-
Pregunta que realiza o xuíz sobre os feitos pertencentes a unha causa, a unha das partes en presenza da outra. Ten que ser contestada baixo xuramento.
-
-
s
f
[ESPECT]
Cada unha das situacións en que se poden colocar os brazos, ou ben os pés, na danza clásica. As posicións clásicas son cinco para os brazos e cinco para os pés.