positivo -va
(< lat positīvu)
-
adx
-
Que non ofrece dúbida.
Ex: Deu unha resposta positiva.
-
[FILOS]
Que non atende máis ca aos feitos e aos resultados da experiencia que están suxeitos a verificación científica.
-
-
adx
Que indica a existencia de algo e non a súa ausencia.
Ex: Na conta tiña un saldo positivo.
-
adx
-
Que é util ou práctico.
Ex: É un home moi positivo sempre tan optimista.
-
Que é beneficioso ou favorable.
Ex: Aqueles feitos tiveron consecuencias positivas.
-
-
adx
[DER/RELIX]
Relativo ao dereito ou á lei promulgados ou establecidos a partir duns libros sagrados determinados.
-
adx
[LING]
Aplícase ao primeiro grao de significación do adxectivo, que consiste en presentar a calidade sen ningunha marca de comparación ou de intensidade. Oponse aos graos comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e superlativo.
-
adx e s
m
[IMAX]
Aplícase a proba fotográfica en que a imaxe representada está na mesma escala de claros e escuros e eventualmente de cores do orixinal, obtida xeralmente a partir do negativo por contacto e eventualmente por ampliación.
-
adx
[TECNOL/FÍS]
-
Aplícase á electricidade que se produce en corpos como o vidro, a mica, ou o marfil, ao seren fretados cun trapo.
-
Relativo ou pertencente á electricidade positiva.
-
Aplícase ao polo dun xerador eléctrico que pode recibir electróns do circuíto exterior, como o cátodo dun xerador electroquímico.
-
-
adx
[MAT]
-
Aplícase á dirección, á semirrecta, á superficie, etc, oposta á correspondente negativa, con relación a un punto cero ou orixe, a unha liña, etc, fixadas convencionalmente.
-
Aplícase ao ángulo que ten o sentido contrario ao do xiro das agullas do reloxo.
-
-
adx
[MAT]
-
Aplícase ao número ou á magnitude máis grande ca cero.
-
Aplícase ao signo máis (+), utilizado para designar os números positivos e as magnitudes positivas, e para designar a operación de sumar.
-
-
adx
Aplícase ao órgano de dimensións reducidas da Idade Media, non incorporado á construción da igrexa, senón transportable. Posteriormente denominouse así, ás veces, a unha parte dun órgano grande, apta para acompañar o canto coral.