Postal, Grupo Academia

Postal, Grupo Academia

Academia fundada en 1968 por Francisco Javier Nóvoa Rodríguez en Ourense. Dirixida polo seu fundador, nos seus inicios dedicouse á preparación de oposicións para o ingreso en Correos, pero despois ofreceu unha formación interdisciplinar no acceso ao sector público, ás novas tecnoloxías e aos idiomas, entre outras materias. Con centros nas principais cidades galegas, estase a implantar no N de Portugal. Para a formación das empresas creouse Postal Escuela de Negocios. Colabora coas multinacionais Cisco Systems, Sun MicroSystems, IBM e Microsoft, entre outras.

Palabras veciñas

postaceleración | postacendemento | postal | Postal, Grupo Academia | postallo | postalveolar | poste