postimpresionismo

postimpresionismo

(

s m [ARTE]

Conxunto de tendencias e estilos individuais xurdidos a partir do impresionismo, ou en reacción contra el, que constituíron a consolidación de novos conceptos de modernidade pictórica na arte francesa do derradeiro cuarto do s XIX. Caracterizouse por un maior protagonismo da cor e por unha tendencia cara á reconstrución da liña e da forma. Tivo unha ampla transcendencia internacional. Destacaron V. van Gogh, Gauguin, Cézanne, Toulouse-Lautrec, Monticelli, o sintetismo e os nabís.