Pousada, pazo de

Pousada, pazo de

Construción situada en Oleiros. Ten planta rectangular e un primeiro corpo de tres andares e o resto da edificación de dous. Conta cun balcón de madeira sobre ménsulas de pedra substituíndo a primitiva galería. Na fachada leste presenta un escudo no centro. Destaca a porta de entrada con escudo.