pozo

pozo

(

  1. s m [CONSTR/XEOL]

    Escavación vertical e profunda, practicada no solo ata atopar unha camada acuífera, xeralmente no manto freático máis próximo á superficie. Se se chega á camada acuífera, de nivel relativamente estable, sen ter atopado a camada impermeable, o pozo denomínase pozo ordinario ou de primeira camada, mentres que se a auga está baixo unha camada impermeable, á que se chega sen atopar auga, denomínase pozo profundo ou de segunda camada, os cales, se están alimentados por augas correntes nun punto de nivel máis alto ca a superficie onde se escavou, son denominados pozos artesianos.

  2. s m

    Lugar nun río onde alcanza maior profundidade.

    1. s m

      Escavación, xeralmente vertical e profunda, practicada no chan cunha finalidade diferente da de atopar auga.

    2. s m [ENX]

      Escavación, xeralmente vertical e eventualmente inclinada, feita nunha mina desde a superficie do chan ou entre dúas galerías para permitir a extracción de mineral e a pasaxe dunha galería a outra ou a outras ou á superficie, facilitar a ventilación, etc. Denomínase pozo mestre o que chega á superficie do chan, e segundo a súa finalidade, pozo de extracción ou de ventilación. Tamén se realizan para recoñecer o terreo nas prospeccións de xacementos, sendo denominados pozos de prospección ou de exploración.

    3. s m [XEOL]

      Perforación vertical cilíndrica e profunda, efectuada con perforadoras rotativas, para localizar ou explotar un xacemento petrolífero. A medida que avanza a perforación, o pozo revístese con tubos de aceiro de diferentes diámetros que se recobren con cemento entre eles e as paredes do pozo perforado. Están equipados con elementos de extracción, xeralmente bombas especiais. Para a extracción de gas natural practícanse pozos moi semellantes aos de extracción de petróleo.

    4. s m

      Cavidade vertical nunha sima.

    5. pozo de xeo/de neve

      Cavidade, eventualmente escavada, onde se almacenaba a neve ou o xeo natural extraído dos glaciares.

    6. pozo negro

      Escavación subterránea revestida de obra de fábrica impermeable, feita para recoller as augas residuais das casas cando non existen cloacas. Está eventualmente provisto dunha fosa séptica e ten que ser baleirado periodicamente.

    1. s m

      Corpo cargado negativamente, xeralmente de aspecto puntual, ao que chegan as liñas de campo.

    2. pozo de potencial [FÍS]

      Rexión, xeralmente finita, do espazo en que o potencial asociado a un campo de forzas ten un mínimo. Oponse a barreira de potencial.

Frases feitas

  • Ser un pozo de. Ser ou ter moito daquilo que se expresa.

  • Ser un pozo sen fondo. Ser difícil de encher ou de fartar.

Palabras veciñas

Pozas, As | Požega-Eslavonia | Poznań | pozo | Pozo | Pozo | Pozo