PPBS
PPBS
[ECON]
Sistema para a toma de decisións sobre o mellor uso dos recursos económicos dunha organización, en relación cuns obxectivos, cando falta a experiencia sobre o mercado ou o beneficio. Aplicado principalmente ao sector público para superar as deficiencias nas técnicas orzamentarias, foi implantado por ver primeira en EE UU a comezos da década de 1960.