prácrito -ta
(< sánscr prākṛta‘común, natural’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao prácrito.
-
s
m
[LING]
Conxunto de linguas derivadas do protoario (adibhasa), baixo a influencia das falas de India. É a lingua natural, popular, por oposición á lingua literaria, o sánscrito, perfecto e artificial. Certas formas prácritas aparecen xa na linguaxe védica. Entre os prácritos máis antigos (ss VI-XI a C) están o pali e o ardha-magadhi, que son as linguas canónicas respectivas do budismo theravāda e dunha parte da tradición xainista. Unha serie de dialectos máis serodios aparecen nos dramas sánscritos, falados por mulleres e criados en lugar do sánscrito. Un estadio posterior está constituído polos apabhram. śa ou linguas corruptas, que representan a orixe das linguas indoarias modernas: hindi, bengalí, oriya, etc. Literariamente, os prácritos máis importantes son o pali, o ardha-magadhi, o śaurasēnī, o magadhi e o māhāraṣṭrī.
-
literatura prácrita
[LIT]
Literatura cultivada en diversas rexións de India, formada en boa parte pola literatura canónica do budismo theravāda e das dúas seitas xainistas: Svetambaras e Digambaras.