Prados, San Julián de los

Prados, San Julián de los

ou Santullano Construción situada nas aforas de Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Afonso II baixo a advocación dos santos Xulián e Basilisa. Ten planta basilical con tres naves e cabeceira tripartita, transepto con dous corpos laterais nos extremos e pórtico na entrada. As ábsidas e as capelas laterais cóbrense con bóveda de canón e as naves con teito de madeira. Unha tribuna percorre o lateral norte e o interior está decorado con pinturas murais con representacións arquitectónicas. Declarada BIC en 1885 é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.

Palabras veciñas

Prados Such, Emilio | Prados, brañas de | Prados, Os | Prados, San Julián de los | Pradosín | praefurnium* | Praesidio