praga
(< lat plaga ‘chaga’)
-
-
s
f
Desgraza ou calamidade que afecta a unha comunidade ou pobo.
-
s
f
Maldición que se lle bota a alguén.
-
pragas de Exipto
[RELIX]
Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto ao pobo de Israel. Ao principio, posiblemente a tradición denominaba así só á morte do primoxénito do faraón, á que se uniron outros castigos como a lagosta, a sarabia e epidemias. A auga convertida en sangue, que era só un sinal, e o bastón convertido en serpe, conduciron ao número coñecido das dez pragas de Exipto.
-
s
f
-
s
f
-
Cantidade abundante de animais ou plantas que causan algún dano.
-
[PAT/BOT]
Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos. Pode ser causada por microorganismos patóxenos ou parasitos ou por organismos vexetais, aínda que sobre todo por organismos animais, invertebrados maioritariamente, especialmente ácaros e insectos.
-
-
s
f
Grande abundancia de algo que é nocivo ou molesto.